O centro sociocomunitario de Valdoviño acolle terapias para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias
Guiadas por Afal, a inscrición permanece aberta en Servizos Sociais
Valdoviño, 7 de abril de 2022. Mellorar a atención ás persoas afectadas de alzheimer e outras demencias, contribuíndo ao seu benestar social e ao respiro familiar das persoas coidadoras é o obxectivo dos talleres que o Concello de Valdoviño acolle no Centro Sociocomunitario.
As sesións, dirixidas a persoas afectadas en estadíos iniciais e moderados, celébranse os mércores e venres de 16 a 18 horas, e a inscrición para tomar parte está aberta no departamento municipal de Servizos Sociais -no 981 48 70 41 ou planta baixa da casa consistorial-. O custe da actividade é de 50 euros ao mes por persoa.
Guiados por Afal Ferrolterra, o Concello aposta así un programa clave para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e tamén das súas familias.