O Centro de Saúde acollerá todos os xoves do mes sesións informativas sobre as aplicacións dispoñibles no Sergas para a veciñanza

Persoal específico informará e atenderá as consultas de veciños e veciñas en horario de 8:00 a 15:00 horas

Valdoviño, 7 de febreiro do 2023. O Concello de Valdoviño informa á veciñanza que dende a Unidade de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ferrol realizarán ao longo deste mes de febreiro xornadas informativas no centro de saúde para dar a coñecer entre os veciños e veciñas as aplicacións que teñen á súa disposición no Servizo Galego de Saúde.

Así, todos os xoves en horario de 8:00 a 15:00 horas, a cidadanía poderá achegarse ás instalacións sanitarias para recibir información e asesoramento ou solventar as súas dúbidas e consultas sobre o manexo destas aplicacións: CHAVE365, É-SAÚDE, SERGAS MÓBIL, CITA WEB.