O CD Rosalía de Vilaboa, campión do XXXIV Torneo de fútbol Concello de Valdoviño

O Meirás CF fíxose co triunfo na categoría xuvenil

Valdoviño, 23 de agosto do 2026.O CD Rosalía de Vilaboa proclamábase campión do clásico triangular sénior do XXXIV Torneo de Fútbol de Concello de Valdoviño, que se disputaba a tarde do sábado no campo Misael Prieto de Meirás. O tempo acompañou, favorecendo que a veciñanza e os visitantes encheran as gradas para animar aos equipos.

Os de Vilaboa venceron nos dous partidos que xogaron. Así, comezaron a xornada impoñéndose por 1-0 á SD Valdoviño, equipo que empataría despois co Meirás CF nun duelo sen goles. E acabaron ganando tamén aos anfitrións (0-1) no último encontro da competición sénior.

Os concelleiros de Deporte e de Obras, Sergio Saavedra e Alejandro García, respectivamente, entregaban os trofeos aos capitáns dos equipos, nunha xornada na que quedou patente a afección polo bo fútbol que existe na localidade.

Na categoría xuvenil, o Meirás CF facíase coa vitoria tras vencer por 4-2 á SD Valdoviño na final disputada no Misael Prieto o sábado ao mediodía. O torneo pechábase este domingo coa disputa no Campo municipal de Mourente da competición de veteranos que enfrontaba á SD Valdoviño con outros tres equipos da comarca O triunfo foi para o CD Estrella que se impuxo na final á UDC Narahío. Os locais acabarían terceiros por diante do CD Narón.