O campo da festa de San Mamede converterase o vindeiro martes no escenario das acrobacias máis espectaculares de Desastronauts

As persoas interesadas en asistir ao espectáculo poden retirar as súas entradas na Casa da Cultura en horario de 10 a 14 h

Este ano, como o anterior, a festividade de San Mamede celebrarase máis en familia e con menos verbena. En todo caso, o Concello de Valdoviño non quere deixar pasar esta data por alto e o próximo martes levará ao campo da festa de San Mamede unha espectacular proposta cultural para todos os públicos. A partir das 20 horas, a compañía Desastronauts trae a súa función circense «Máis alto aínda», na que misturan extraordinarias acrobacias aéreas e clown.

Así, as persoas interesadas en asistir deben retirar a súa entrada na Casa da Cultura, en horario de 10 a 14 h ata o luns 16 ou completar aforo.

En «Máis alto aínda», o dúo de acróbatas Raquel Veganzones e Girisho Gordon, fai seu, adaptado, o lema clásico do circo “máis difícil aínda”, e lánzanse á conquista do aire cun espectáculo estrenado con gran éxito na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas 2016.