O Campionato de España de Surfing pon o foco nos juniors máis maiores

Este xoves coñeceranse aos campións masculinos en Sub16, Sub18 e Sub21

Valdoviño, 25 de agosto de 2022. Á espera das competicións estrela –open, feminino e máster-, o Campionato de España de Surf 2022 céntrase estes días nos juniors. Onte proclamábanse tres novas campioas de España nesta categoría. E a xornada deste xoves está previsto que conclúa coas finais masculinas de Sub16, Sub18 e Sub21.

Tras a finalización da competición por equipos das Comunidades Autónomas, o campionato volvía de novo este mércores a vista cara ás categorías máis maiores dos juniors e, tras un día de intenso de actividade, coñecíanse os nomes de tres novas campioas de España.

A canaria Noor Amentado triunfaba en Sub16, a vasca Carmen Garay en Sub18, e Branca Tye, tamén de País Vasco, facíao en Sub21, converténdose na primeira muller en alcanzar o título nesta categoría que se estreaba no Campionato de España de Surf.

 

As mangas e as puntuacións en directo pódense consultar na web www.cesurf.es