O Campionato de España de Surfing converterase en escaparate dos produtores e artesáns locais

Celebrarase do 29 de xuño ao 5 de xullo na praia de Pantín

Valdoviño, 4 de xuño do 2026. Tras unha primeira experiencia positiva no Pantín Classic, o Concello de Valdoviño apostará de novo pola promoción dos produtos e produtores locais noutro evento deportivo de primeiro nivel como é o Campionato de España de Surfing, que se celebrará no 29 de xuño ao 5 de xullo na praia de Pantín. Con ese obxectivo, lanzaba hai uns días unha convocatoria aberta ás firmas e emprendedoras locais e convocaba unha reunión de traballo, coa participación do alcalde, Alberto González, e máis da concelleira de Cultura e Turismo, Rosana García. Asistían negocios locais coma Ay Carmen Conservas, Moira, Salitre ou Vimu Handmade Design, que amosaban a súa predisposición a sumarse ao proxecto, no que colabora activamente RSM Surf School.

O Concello reservará o espazo, e porá o espazo expositor e de venda no que as firmas poderán presentar e comercializar os seus produtos entre o público procedente de toda España. A convocatoria está aberta e os negocios interesados en tomar parte aínda están a tempo de participar, contactando enviando un whasapp ao número 609 66 98 01.