O Campionato de España de Surf continúa na Frouxeira coas categorías junior

Hoxe volve a competición coas categorías sub 18, masculino e feminino e surf femenino

O Campionato de España de Surfing que se está a celebrar na praia da Frouxeira arrancaba o pasado mércores coas categorías sub 12, sub 14 y sub 16 femenino. O gran nivel demostrado nas olas de Valdoviño foi un claro indicador da gran canteira que hai en España.

 

Debido ás medidas de seguridade e os protocolos establecidos, nos que se tenta non concentrar a máis dunha categoría por día, o mércores xa se puido desfrutar das finais dos sub 12 e das sub 14 femininas.

 

Na categoría sub 12 o alto nivel vivido era só digno de eloxios por parte dos asistentes e técnicos que se deron cita no areal. Nunha final moi disputada, que podería ter caído en calquer lado da balanza, quen se proclamou novo campión de España foi o surfista Enrique Yedra. A promesa nacional levouse o galardón por diante de Daniel Pycha, Dylan Donegan e Bruno Perdiz.

 

En sub 14 feminino, máis do mesmo, as surfistas menores de 12 anos deixaron patente o grandísimo nivel que teñen todas as competidoras e a vencedora foi Enara Palacios por diante de Ibone Gómez, Kenia López e Noor Mentado.

 

Onte, a competición estaba protagonizada polas categorías sub 14 masculino e sub 16, masculino e feminino. A xornada deixaba un auténtico espectáculo de surf.

 

Na categoría sub 14 masculino, nunha final moi fermosa, Hans Odriozola proclamouse novo campión de España. A promesa nacional levouse o galardón por diante de Marco Marín, Alfonso Suárez e Alejandro Sancho.

 

Na seguinte final, foi o irmán de Hans o que recolleu o testigo e proclamouse campión de España na categoría sub 16 masculina. O surf e as fantásticas condicións de mar volveron agasallar unha final de primeira categoría. Kai Odriozola consolídase como un valor en alza e lévase a victoria por diante de Mario Rasines, Jacobo Trigo e Noah Hecht.

 

En sub 16 feminino, máis do mesmo, a surfista vasca Janire González Etxabarri, un ano máis, proclamábase campiona de España en terras galegas. Unha final, de auténtico luxo, onde completaron o podium Lucía Machado, Annete Etxabarri e Uxue Domínguez.

 

Hoxe volve a competición coas categorías sub 18, masculino e feminino e surf feminino.

 

O enlace onde se pode seguir toda a competición e os resultados en directo é este: http://surfscores.com/ESP/2020/ces003/#.