O calendario municipal 2023 xa está a disposición da veciñanza de Valdoviño
Veciños e veciñas poderán recollelo na casa do concello e casa da cultura
Valdoviño, 26 de decembro do 2022. Trala súa presentación o pasado venres na casa da cultura, o calendario municipal 2023 do Concello de Valdoviño xa está a disposición dos veciños e veciñas, que poderán retiralo tanto na casa consistorial como na casa da cultura. Así mesmo, e como é tradición, o alcalde, Alberto González, explica que tamén se porán a disposición das entidades e asociacións do municipio para que realicen o reparto entre os seus socios e socias.
O Concello imprimía 3.500 exemplares do almanaque, no que se recollen fermosas fotografías de paisaxes tomadas polos veciños e veciñas, e seleccionadas entre as preto de 180 presentadas ao concurso aberto pola Concellería de Cultura.
Os autores e autoras destas son: Javier Bermúdez García, Javier Madrazo Rivas, Marcos Mella González, Mar López García, Silvia Rañal Nodar, Ivana Ocampo Ferreira, Victoria Gómez López, María José Fernández Díaz, Imma Cancela Fernández, Adrián Vergara Villarnovo, Nuria Pérez Seijas, Tamara Sabín Caamaño, María Isabel Rapela Fernández, Juana María de Santiago Oviedo e Fernando González Pérez.