O arqueiro internacional Adrián Orjales, Mellor Deportista do Ano de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, facía entrega do galardón ao deportista do Club Arco A Frouxeira, actual campión de España, na V Gala do Deporte

Valdoviño, 19 de abril de 2024. O arqueiro internacional Adrián Orjales foi proclamado como o Mellor Deportista do Ano durante a Gala do Deporte de Valdoviño. O alcalde, Alberto González, entregáballe o galardón na velada celebrada no auditorio da casa da cultura, que volveu a colgar o cartel de aforo completo. Unha cita conducida polo xornalista Raúl Salgado, que arrincaba coa actuación do dúo Maio -Lorena Hermida e Jorge Casas-, presente tamén noutros momentos da velada, e continuaba coa intervención do concelleiro de área, Sergio Saavedra, que reivindicaba a gala como a gran festa do deporte local e un necesario recoñecemento aos e ás deportistas de Valdoviño.

Adrián Orjales une así o seu nome aos da xogadora de balonmán Alicia Fernández -que acadou o recoñecemento nas 3 primeiras galas- e do xogador de básket Miguel Romero -de quen toma o relevo-. A súa brillante traxectoria ao longo de 2023 brindoulle un premio que xa obtivera na festa do deporte local noutras categorías e incluso nalgunha mención de honra. Así, Adrián Orjales, internacional coa selección española, proclamábase en setembro de 2023 campión de España de tiro con arco adaptado en aire libre, e conquistaba uns meritoriso 4º e 5º postos no Campionato de Europa celebrado nos Países Baixos e no Campionato do Mundo na República Checa, respectivamente. No haber de Adrián, integrante do Club Arco A Frouxeira de Valdoviño, figuran tamén varios récords nacionais. Unha traxectoria que vai en ascenso continuo.

Xunto a el, o Concello recoñecía tamén a outros 25 deportistas noutras 18 disciplinas, e entregaba un total de 9 mencións de honra. Estes foron os galardoados:

-Balonmán: Hugo Piñón

-Baloncesto: Carolina Carballal

-Boxeo: Hugo Dopico

-Ximnasia artística: Lucía Vilar

-Natación: Blanca Hermida e Mario Maneiros

-Judo: Amelia Tenreiro e Mario Tenreiro

-Danza Coreográfica: Nerea Penabad e Lidia Vellón

-Caza: Nicolasa González e Brais Gómez

-Kickboxing: Daniel Blanco

-Tenis mesa: Celia Sanz

-Kaiak polo: Martín Franco

-Atletismo/marcha atlética: Carmen Paredes

-Patinaxe artístico: Aldara Ferreira

-Pesca deportiva: Carolina López e Roi Martínez

-Fútbol 11: María Corral

-Fútbol 8: Guillermo Golpe

-Bodyboard: Rosalía Pico e Lucas Domínguez

-Surf: Lucía Oliveira e Marcos Domínguez

Mencións especiais:

-Á progresión no deporte: Lucía Villarnovo

-Á mellor promesa: Miguel Graña

-Por impulso ao kaiak polo: Yolanda Hermida

-Traballo e adicación: Miguel Romero

-Traballo en equipo: Francisco José Vilar e Antonio Calvo

-A toda unha vida no deporte: Jesús Amable García Villadóniga «Suso»

-Mellor canteira: Meirás CF

-Promoción e traballo no deporte base: Miguel Caruncho

-Promoción de Valdoviño a nivel internacional: Alicia Fernández

Finalmente, o alcalde, Alberto González, felicitaba a todos os premiados, e ratificaba o compromiso do Concello de Valdoviño co deporte, unha prioridade na axenda da xestión municipal. Un compromiso que continuará traducíndose en actividades, organización de competicións e programas de fomento de hábitos saudables, e tamén investimentos en infraestruturas deportivas. Por último, e como o fixera previamente o concelleiro de Deportes, agradecía enormemente o labor desinteresado do xurado da gala, integrado polos xornalistas deportivos Elba de la Barrera (La Voz de Galicia), Juan Quijano (Diario de Ferrol), Raúl Salgado (Cadena Ser) e Adán Puentes (Galicia Ártabra Digital). Un xurado coordinado polo técnico de Deportes, que o tivo realmente compricado coas candidaturas presentadas pola veciñanza, clubs e asociacións.