O Apalpador visita os fogares dos nenos e nenas de Valdoviño convidado polo Concello

As familias interesadas en recibir a visita deben inscribirse previamente

Convidado polo Concello de Valdoviño, este ano o Apalpador visitará os fogares dos nenos e nenas do municipio. Con esta iniciativa o alcalde, Alberto González, sinala que o Concello quere manter a tradición e, ao mesmo tempo, minimizar riscos fronte á covid-19.

Así, os nenos e nenas que desexen recibir a visita do Apalpador deben contactar coa Concellería de Cultura no teléfono 981 48 76 66 de 11 a 14 horas ou enviar un correo electrónico a cultura@concellodevaldovino.com. Nos dous casos, ata o 15 de decembro (incluído) sinalando nome do/a neno/a, teléfono da nai, pai ou titor/a legal e o enderezo. Deste xeito, o Concello poderá deseñar o calendario de visitas.