O Antroido nas redes xa ten gañadores

O Concello agradece a participación de todos os veciños e veciñas

O concurso Antroido nas redes organizado polo Concello de Valdoviño para manter viva esta celebración en tempos de covid xa ten gañadores. O xurado, integrado polo alcalde, Alberto González; a concelleira de Cultura, Rosana García, e o animador sociocultural Daniel Cartelle tíñao complicado e, finalmente, este foi o seu fallo:

-Fotografía individual menores (de 0 a 14 anos): Antía Villar Pedre, Iván Villar Pedre e Noah Vilela Seoane.

-Fotografía individual maiores (de 15 a 100 anos): Jesús Couce e Antonio Villarnovo.

-Fotografía grupo mixto: Familia Couce e Familia Villarnovo e Familia Freire.

-Vídeo individual maiores: Manoli e Roberto Loureiro.

-Vídeo mixto: Familia Couce, Familia Lamas e Borja e Tania Cobelo.

-Premios especiais (por valor de 50 euros e ao quedar desertas outras categorías: Nicole Ramallo, Alba e Miguel e Maribel e Marcelino. 

Os premios, vales canxeables no comercio local por valor de entre 50 euros e 100 euros segundo a categoría de fotografía e vídeo, entregaranse o vindeiro domingo 14 de marzo. 

Por último, o Concello quere agradecer moi especialmente a participación de todos os veciños e veciñas que se sumaron á iniciativa.