O alumnado de Secundaria do CPI Atios tomou parte nas propostas da campaña “Agresión OFF, Eu digo non á violencia sexual”
A iniciativa chegaba a Valdoviño da man da programación “Somos e Contamos” deseñada polo Concello con motivo do 8M
Valdoviño, 23 de marzo do 2026. O Concello de Valdoviño, en colaboración co CPI Atios, convidaba ao alumnado de Secundaria do centro a participar a semana pasada na campaña “Agresión OFF, Eu digo non á violencia sexual”. A iniciativa da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero chegaba ao noso municipio a instancias da Concellería de Servizos Sociais, actividade incluída na programación “Somos e Contamos” deseñada polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller. A través de obradoiros e xogos, o seu obxectivo foi facilitar información aos mozos e mozas sobre a violencia sexual en particular e sobre a violencia de xénero en xeral, como previla, detectala e combatela, ofrecendo pautas claras de actuación.
Ademáis, buscou sensibilizar e concienciar sobre a importancia de rachar coas condutas violentas e non igualitarias, tanto nas relacións sociais como de parella, facendo fincapé na identificación das múltiples formas de micromachismos e violencias cotiás que sofren as mulleres, e promovendo modelos de relación afectivo-sexual baseados no respecto e a tolerancia.
