O alumnado das actividades extraescolares “Valdoviño Saudable” despide o curso co seu festival
Terá lugar no pavillón do CPI Atios, ás 17:00 horas
Valdoviño, 16 de xuño do 2026. O pavillón do CPI Atios acollerá esta tarde o Festival de Fin de Curso das actividades extraescolares “Valdoviño Saudable” organizadas pola Concellería de Deportes. A exhibición do aprendido durante os últimos meses dará comezo ás 17:00 horas, coa participación dos alumnos e alumnas de ximnasia rítmica, patinaxe artística e en línea, baloncesto, multideporte, duatlón e máis karate. Unha exhibición con entrada libre.
Comentarios
