O alumnado da Aula de Artes Plásticas de Valdoviño inaugura este martes expo colectiva
O acto, aberto á cidadanía, comezará ás 18:30 horas na casa da cultura
Valdoviño, 9 de xuño do 2025. Os alumnos e alumnas da Aula de Artes Plásticas do Concello de Valdoviño inauguran este martes unha mostra colectiva na casa da cultura. O acto, aberto á cidadanía, dará comezo ás 18:30 horas, coa participación da concelleira de Cultura, Rosana García, e do pintor Manuel Carballeira. A partir de entón, a expo poderá visitarse ata o venres 27 de xuño, de luns a venres en horario de 11:00 a 14:00 horas.
O público poderá achegarse a unha selección dos mellores traballos realizados nas aulas polo alumnado, pequenos e maiores que, cada semana, comparten espazo creativo no local social de Loira con Manuel Carballeira como docente.
Comentarios
