O Abanca Pantín Classic Galicia Pro adianta as súas finais a este sábado

A dirección da competición internacional tomou a decisión ante as difíciles condicións no mar previstas para o domingo

Valdoviño, 29 de agosto do 2025. A organización do 38 Abanca Pantín Classic Galicia Pro anuncia que as finais do campionato internacional adiántase ao sábado 30 de agosto e que se disputarán, tanto na categoría masculina como na feminina, a partir das 16:30 horas

A dirección da competición internacional da WSL (World Surf League) adopta a decisión á vista das condicións do mar deste domingo, que se complican en demasía, con grandes ondas por riba dos catro metros e rachas fortes de vento.

Mañá, a partir das 19:00 horas, terá lugar a entrega de premios, coa participación do alcalde de Valdoviño, Alberto González; da deputada provincial de Emprego, Industria, Medio Ambiente e Reto demográfico, Rosana García; da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e representantes doutras entidades e firmas patrocinadoras e colaboradoras.