O Abanca Pantín Classic Galicia Pro potencia o seu carácter internacional
A 39 edición do evento de surf máis importante de España terá lugar do 22 ao 30 de marzo
Valdoviño, 18 de agosto do 2026. O Abanca Pantín Classic Galicia Pro, que arrinca este sábado en Valdoviño, será o primeiro en estrear a nova categoría QS 6000 International da Word Surf League (WSL), que só ostentarán cinco localizacións en todo o planeta.
Os puntos desta proba que se disputará na praia de Pantín, a “factoría de olas”, servirán de novo para a carreira por entrar na elite do surf mundial, o Championship Tour (CT). Un acicate que atraerá á nosa localidade a máis de 200 deportistas (144 no cadro masculino e 80 no feminino) de ata 23 nacionalidades diferentes.
Nomes emerxentes e figuras consolidadas mesturaranse no areal valdoviñés para configurar unha participación de luxo que, do 22 ao 30 deste mes, brindando ao espectador un espectáculo único.
Os estadounidenses Levi Slawson e Dimitri Poulos, o hawaiano Ian Gentil, os brasileiros Deivid Silva e Ian Gouveia, os españois Yago Domínguez e Sexan Gunning, o portugués Frederico Morais ou o francés Jorgann Couzinet, que xa sabe o que é gañar en Pantín, parten como favoritos na proba masculina.
Pola súa banda, as australianas Sophie McChulloch, Ellie Harrinson e o novo prodixio Sierra Kerr, o peruana Sol Aguirre, a portuguesa Teresa Bonvalot e a española Janire González-Etxebarri, vencedora en 2023, son algunhas das figuras máis destacadas na competición feminina.
Un calendario repleto de acción
O evento, que alcanza a 39 edición, presenta un calendario cheo de acción e actividades paralelas. Na parte deportiva, do 22 ao 23 celebrarase a competición de surf adaptado que é xa un referente a nivel nacional; o día 24 entrarán á auga os participantes nos triais (proba clasificatoria) para buscar un oco no cadro principal do QS 6000 International; e do 25 ao 30 entrarán en escena en Pantín as estrelas internacionais da WSL. Ademais, o día 28 terá lugar a Abanca Expression Session, un dos formatos de competición máis espectaculares onde resulta gañador o surfeiro que executa a manobra máis complexa e rechamante.
No que atinxe á programación complementaria, o Abanca Pantín Classic Galicia Pro contará con ludoteca; bautismos de surf; zona market, onde se venderá a colección especial do campionato e haberá food trucks; concertos, cunha nova edición do Pantín Sound; e competición de skate.
