Novos horarios na Biblioteca a partir deste luns

Estarán vixentes ata o 1 de marzo

O Concello de Valdoviño reabrirá as portas da Biblioteca Municipal este luns 22 de febreiro. Farao de 10 a 14 horas e, a partir do martes 23, e ata o luns 1 de marzo, o horario será de 16 a 20 h. Iso si, para acceder ás instalacións e recibir atención presencial será preciso solicitar cita previa. Pode facerse a través do correo cultura@concellodevaldovino.com ou do teléfono 981 48 76 66.