Novos horarios da Biblioteca Municipal

Serán efectivos a partir do xoves 1 de outubro

Valdoviño, 28 de setembro do 2026. A partir deste xoves, 1 de outubro, a Biblioteca Municipal retoma o seu horario de inverno, e amplía apertura ás tardes. O centro abrirá as súas portas de luns a venres de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. A iniciativa é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña que, a través do programa de subvencións PEL-Concellos, cofinancia a contratación temporal de persoal auxiliar de biblioteca.