Novo material de emerxencias para a Agrupación de Protección Civil
Suman unha tenda de campaña de emerxencias habilitada para despregar en caso de incidentes
Valdoviño, 22 de marzo de 2022. O concelleiro de Servizos, Benito Vega, e o xefe de Protección Civil de Valdoviño, Francisco Dopico, recepcionaron esta mañá en Ferrol novo material de emerxencias de mans do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros. Máis en concreto, e xunto á agrupación de Cedeira, recibiron unha tenda de campaña de emerxencias, habilitada para despregar en caso de incidente, de fácil transporte, montaxe e desmonte.
Comentarios