Nova visita guiada á mostra Artesanos do Surf: Historia do Shape en Galicia
Celebrarase este sábado ás 12 h con entrada libre ata completar aforo
Valdoviño, 19 de xullo de 2022. O Océano Surf Museo organiza este sábado ás 12:00 h nunha nova visita guiada á exposición «Artesanos do Surf: Historia do Shape en Galicia». Luis e Ricardo Veiga, fundadores de Toma Goma Surfboards, volverán a actuar de anfitrións para o público, que poderá achegarse a través das súas explicacións ao proceso de elaboración das táboas de surf, materiais, técnicas, ferramentas… tamén aos shapers máis relevantes na nosa Comunidade, con parada obrigada nunha selección de pranchas históricas. A participación é gratuíta ata completar aforo.
Así mesmo, a exposición, que impulsa o Océano Surf Club, pode visitarse ata o 30 de xullo nos seguintes horarios mércores e xoves de 10:00 a 14:00 h; venres e sábado de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h, e domingos de 10:00 a 14:00 h.