Nova edición da Volta Ciclista a Meirás o martes 15 de agosto, organizada pola AVV
As inscricións poden realizarse o mesmo día dende unha hora antes, ou na xornada previa, no local social, en horario de 19:00 a 20:00 horas
Valdoviño, 10 de agosto do 2023. A Asociación de Veciños organiza o vindeiro martes 15 de agosto unha nova edición da Volta Ciclista a Meirás, na que colabora o Concello de Valdoviño. Alcanzará xa a 29ª edición, e como é tradición, fomentará a participación de nenos e maiores. Contará tamén con numerosos trofeos e o sorteo de bicicletas. Entre os galardóns, haberá recoñecemento para o/a participante de maior idade, o/a de menor idade pedaleando e para o/a máis pequeno/a da volta e á orixinalidade.
A saída está fixada no local social, ás 10:30 horas, e a meta, no aparcadoiro do campo da festa. As inscricións, gratuítas, poden realizarse na xornada previa, o luns 14 de agosto, no local da AVV en horario de 19:00 a 20:00 horas, ou na mesma xornada da volta, dende unha hora antes da saída.
Comentarios