Nerea Penabad e Lidia Vellón comparten o recoñecemento como Mellores Deportistas do Ano na VI Gala do Deporte de Valdoviño
Ata 31 deportistas de 21 disciplinas foron galardoados na cita, na que tamén se fixo entrega de 18 mencións de honra
Valdoviño, 23 de maio do 2025. Nerea Penabad e Lidia Vellón foron proclamadas as mellores deportistas do ano na VI Gala do Deporte de Valdoviño, celebrada esta tarde-noite no auditorio da casa da cultura. O alcalde, Alberto González, entregáballes o galardón ao final do evento, que volveu colgar o cartel de aforo completo. Nesta ocasión, a cita estivo conducida pola xornalista deportiva Sara Massa, e arrincaba cunha magnífica actuación de danza, un guiño ás mellores deportistas do ano. Toman o relevo do arqueiro internacional Adrián Orjales, tras asinar unha brillante tempada deportiva que aínda pode mellorar neste 2025, xa que o vindeiro mes disputarase o mundial de danza, no que teñen moitas opcións. Integrantes do Club de Baile Deportivo Un paso adelante, conquistaron co grupo de danza coreógrafica Revolution UPA o WDSF World Championship Youth (Cambrils, marzo 2024). Tamén o WDSF European Championship Youth (Belgrado, outubro 2024), ademais de subir ao máis alto do pódium no Campionato Galego (O Porriño, novembro 2024) e no Campionato de España (Guadalajara, decembro 2024).
A entrega do galardón poñía o broche de ouro a unha velada que arrincaba coas intervencións do concelleiro de área, Sergio Saavedra, e da deputada provincial de Industria, Medio Ambiente, Empresa e Reto Demográfico, Rosana García. A partir de aí, o Concello daba a coñecer o nome dos mellores deportistas nas diferentes disciplinas, ademais das mencións de honra. Estes foron os galardoados e galardoadas:
-Atletismo: Carmen Paredes
-Balonmán: Hugo Piñón
-Bodyboard: Rosalía Pico e Lucas Domínguez
-Caza deportiva: Brais Gómez
-Fútbol: Alejandro Alonso, Adrián Fernández e Alejandro Fernández, e Laura Testa
-Hípica: Erika Ramos
-Judo: Mario Tenreiro e Amelia Tenreiro
-Kaiak polo: Samuel Franco
-Boxeo: Hugo Dopico
-Kickboxing: Daniel Blanco e Paula Rodríguez
-Motociclismo: Ían Fernández
-Natación: Lucía Villarnovo e Mario Maneiros
-Pesca deportiva: Sandra Dopico e Roi Martínez
-Pickleball: Ángel Vilar
-Remo adaptado: Iván Sedes
-Remo: Alejandro Díaz
-Skateboarding: Erea Ferreiro e Mateo Sanmartín
-Surf: Lara Rico e Marcos Domínguez
-Tenis de mesa: Celia Sanz
-Triatlón: Diego González
-Ximnasia artística: Lucía Vilar
Mencións especiais:
-Apoio ao deporte: José Luis Campos
-Toda unha vida adicada ao deporte: Miguel Romero
-Proxección internacional 2024: Ana Alonso
-Promoción do deporte base 2024: Meirás CF
-Formación deportiva 2024: Jesús Peña
-Proxección 2024: Elisa Vilar
-Dedicación 2024: Felipe Pita
-Progresión 2024: Iago Ulla
-Esforzo e constancia: Álvaro Casariego
-Aposta por Valdoviño: Antonio Daniel Muller
-Promesa 2024: Candela Pérez
-Conxunta aos valores no deporte 2024: Adrián Orjales e Antonio Manuel Hermida
-Traxectoria deportiva: Óscar Montes
-Progresión no deporte: Álvaro Fraga
-Embaixadores mundiais de Valdoviño: Pantín Classic
Por último, o alcalde, Alberto González, felicitaba a todos os premiados, e reafirmaba o compromiso do Concello de Valdoviño co deporte, unha prioridade na axenda da xestión municipal. Un compromiso que continuará traducíndose en actividades, organización de competicións e programas de fomento de hábitos saudables, e tamén investimentos en infraestruturas deportivas. Por último, e como o fixera previamente o concelleiro de Deportes, agradecía enormemente o labor desinteresado do xurado da gala, integrado polos xornalistas deportivos Elba de la Barrera (La Voz de Galicia), Juan Quijano (Diario de Ferrol), Raúl Salgado (Cadena Ser) e Adán Puentes (Galicia Ártabra Digital). Un xurado coordinado polo técnico de Deportes, que o tivo realmente compricado coas candidaturas presentadas pola veciñanza, clubs e asociacións.
