Monólogo da galetiktoker Leti Da Taberna este venres na Casa da Cultura de Valdoviño
A entrada é gratuíta, sen inscrición previa e ata completar aforo
Valdoviño, 4 de outubro de 2023. O Concello de Valdoviño arranca a programación cultural do mes de outubro este venres co monólogo da galetiktoker Leti Da Taberna. A partir das 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura, compartirá co público a súa retranca e sabedoría taberneira. Conta con máis de 31.000 seguidores en Tik Tok e Instagram, e tense convertido en todo un fenómeno das redes coa súa naturalidade e frescura. Convidada polo Concello de Valdoviño, ofrecerá o monólogo inaugural do ciclo municipal Únicos, e cuxa programación ao completo se avanzará esta semana.
A entrada é gratuíta ata completar aforo, e a actividade conta co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da liña de subvencións a entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.