Meirás vivirá este domingo a 32 edición da súa Volta ciclista

Poderá participar na marcha xente de todas as idades previa inscrición 

Valdoviño, 19 de agosto do 2026. Volve un clásico do verán. As persoas afeccionadas á bicicleta terán esta fin de semana cita obrigada no noso municipio. A 32 Volta ciclista a Meirás celebrarase este domingo 23 de agosto, aberta, como sempre, á participación da razapada e do público adulto.

A proposta cicloturística, organizada pola Asociación de veciños de Meirás, arrincará do local social, xunto ao pavillón municipal do Longoiro, ás 10:00 horas, cun itinerario que levará aos participantes a percorrer boa parte da parroquia, permitindo nalgúns puntos desfrutar das súas espectaculares paisaxes. O uso de casco será obrigatorio.

As persoas que queiran participar deberán anotarse no local da entidade veciñal o sábado 22, de 20:00 a 21:00 horas, ou o día da cita deportiva, a partir das 9:00 horas. Haberá premios aos participantes de menor e de maio idade, así como ao máis orixinal.

A Volta ciclista a Meirás contará, unha vez máis co apoio da Cooperativa de Meirás, a Comisión de festas de Meirás, o Concello de Valdoviño e, como non, da Policía Local e da Agrupación de voluntarios de Protección Civil, que acompañarán aos participantes no percorrido circular.

Asociación de veciños organizadora e Concello convidan á veciñanza e visitantes a sumarse a esta cita tradicional, que mestura deporte, turismo e diversión.