Martes de Entroido e San Xoán, festivos locais en Valdoviño en 2024
A próxima semana, o xoves 17, San Mamede, será festivo no municipio
Valdoviño, 11 de agosto do 2023. O Concello de Valdoviño aprobou no pleno celebrado onte á tarde os festivos locais para o vindeiro ano, establecendo como datas o 13 de febreiro, Martes de Entroido, e o luns 24 de xuño, día de San Xoán. Para a elección tívose en conta que se trata de dúas festividades con gran arraigo e tradición na localidade, así como que en 2024, San Mamede coincide en sábado. Precisamente, para a semana que vén, ademais do martes, 15 de agosto, festivo nacional, o xoves 17 tamén será festivo en Valdoviño, coincidindo con esta festividade.
Comentarios