María Rivas e o alcalde de Valdoviño avanzan na conectividade do Concello para continuar a mellora dos servizos
Valdoviño contará neste semestre con tres novas estacións de 5G
Valdoviño, 21 de febreiro de 2022. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzaron hoxe na conectividade do Concello para continuar a mellora dos servizos. Ambos mantiveron unha xuntanza de traballo na que tamén participou o director provincial de Telecomunicacións, Enrique Cancio, e o concelleiro de Servizos, Benito Vega.
O Concello de Valdoviño é referente polo seu traballo exemplar en cobertura de fibra óptica e rede móbil. De feito, contará neste semestre con tres novas estacións de 5G.
No capítulo de fibra óptica, a cobertura alcanzada co Plan de Extensión de Banda Ancha (PEBA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital é moi ampla. As administracións traballan para dotar de conectividade a aquelas áreas concretas que teñen problemas na actualidade.
A situación é similar coa rede 4G, que ten algunhas áreas sinaladas que están en vías de solución por parte das distintas administracións. Entra dentro do intenso traballo que realiza o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e que pensa en especial nos concellos do rural.