Máis dun centenar de xóvenes promesas do tenis de mesa daranse cita esta fin de semana en Valdoviño nos campionatos galegos

O pavillón municipal O Longoiro acollerá este sábado e domingo as probas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín e xuvenil

Valdoviño, 26 de maio do 2026. Máis dun centenar de deportistas, xóvenes promesas do tenis de mesa, daranse cita esta fin de semana en Valdoviño nos campionatos galegos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín e xuvenil. As probas están organizadas pola federación autonómica, coa colaboración do Concello, e o Club de Tenis de Mesa Narón encargarase da loxística. Celebraranse no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás, e delas sairán os campións e as campioas galegas.

O campionato  benxamín e xuvenil disputarase o sábado, namentres que o domingo será o turno dos prebenxamíns e alevíns. Pola mañá, a competición arrincará ás 10:00 horas coas fases preliminares, e haberá un parón ás 13:00 h para o xantar. O sábado as probas retomaranse ás 15:30 h coas fases finais, e as finais a partir das 18:00 h. No caso do domingo retomaranse tamén ás 15:30 h, pero as finais adiántase ás 17:00 h. Como é habitual, as dúas xornadas clausuraranse coas tradicionais entregas de trofeos.

Tanto o Club de Tenis de Mesa Narón como o Concello de Valdoviño animan a veciños e visitantes a achegarse ata o pavillón municipal e deixarse contaxiar da emoción da competición.