Levántase a prohibición de plantar patacas en Valdoviño

O municipio pasa a considerarse zona tampón para a contención da couza guatemalteca

Valdoviño, 24 de novembro de 2021. A Xunta vén de informar de que se levanta a prohibición de plantar patacas en Valdoviño. O municipio pasa a considerarse zona tampón para a contención da couza guatemalteca e, na práctica, supón que a plantación queda permitida pero coa necesidade de comunicala á Administración autonómica. Esa comunicación debe realizarse inmediatamente despois da sementeira, e en todo caso antes do 1 de abril. 

Respecto aos operadores de pataca de semente deberán levar o rexistro de información dos compradores e instalar no local destinado a almacén trampas de feromona específica para a captura de tecia solanivora. 

A decisión adoptouse na última reunión da Comisión de seguemento da couza guatemalteca da pataca, onde os datos conseguidos das trampas en campo e en explotacións amosan un avance significativo na contención desta praga de corentena, un paso previo a unha posible erradicación.