Layback Surfcamp promove unha xornada de limpeza o venres 2 de xuño na Frouxeira

Anima á cidadanía a sumarse á iniciativa, que non require de inscrición previa e se inclúe no programa municipal de promoción do deporte
Valdoviño, 26 de maio do 2023. No marco do programa municipal de promoción do deporte vinculado ás autorizacións de actividade nas praias, Layback Surfcamp celebrará o vindeiro venres 2 de xuño unha xornada de limpieza na praia da Frouxeira aberta á cidadanía. Unha actividade medio ambiental que dará comezo sobre as 11:00 horas cunha breve charla e a entrega dos medios para participar, guantes e bolsas. Sen inscrición previa, o punto de quedada será a caseta de socorrismo do areal, xunto ao parque infantil, e a zona de actuación, dende ese espazo en dirección á praia pequena. Así mesmo, os residuos retirados clasificaranse para a súa correcta xestión.
Layback Surfcamp nacía hai 4 anos na parroquia de Lago, no lugar do Muíño, da iniciativa de Tobías e Michi, dous cidadáns alemáns que poñían rumbo a España para facer realidade un dos seus soños, poñer en marcha unha escola de surf. A elección de Valdoviño, un auténtico paraíso con olas durante practicamente todo o ano, foi sinxela. Desenvolven a súa actividade de abril a outubro, centrados no perfeccionamento da técnica de surfistas xa experimentados, e é maioritaria a procedencia estranxeira dos seus alumnos e alumnas, sobre todo procedentes do resto de Europa, EEUU, Brasil ou Australia.