Jorge Garrido e Carla Irles proclámanse vencedores absolutos da XI Milla Urbana

Un centenar de atletas de todas as idades tomaron parte esta mañá na cita organizada polo Concello de Valdoviño no paseo da Frouxeira

Valdoviño, 22 de setembro do 2024. Jorge Garrido e Carla Irles proclamáronse vencedores esta mañá da XI Milla Urbana de Valdoviño. Venceron na categoría sénior dunha carreira na que tomaron parte 99 atletas de todas as idades. O paseo marítimo da Frouxeira, entre o parque infantil e o inicio do paseo de terra, pechouse ao tráfico rodado para converterse na pista de atletismo sobre a que os deportistas foron cubrindo as diferentes distancias marcadas segundo a categoría, dende os 100 metros dos biberóns ata os 1.609 dos veteráns. Numeroso público achegábase á contorna da praia e lagoa para seguir a cita, que foi un ano máis unha auténtica festa na que desfrutar deste privilexiado espazo e practicar hábitos saudables a través do deporte.

Ao seu remate, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, presidía a entrega de trofeos xunto aos seus compañeiros de Obras, Alejandro García, e Servizos, Benito Vega. Todos os nenos e nenas da categoría biberón recibiron medalla, así como os tres primeiros clasificados nas restantes.

Así quedaba a clasificación:

Alevín 

Feminina: Cecilia Benasach López

Masculina: Adrián López Andrade

Infantil

Masculina: Miguel Benasach López

Benxamín

Feminina: María Benasach López

Masculina: Miguel Ríoseco Cuerpo

Cadete

Feminina: Paula Fojo García

Masculina: Édgar Leira Cancho

Junior

Feminino: Emma Vázquez Purriños

Promesa

Feminina: Cristina Rodríguez López

Masculina: David Campos Fernández

Senior

Feminina: Carla Irles Castro

Masculina: Jorge Garrido

Veterán 1

Feminina: Silvia Coba Martínez

Masculina: Pablo Piñeiro

Veterán 2

Feminina: Laura Núñez Naveira

Masculina: Mario López Paz

Veterán 3

Feminina: Fani Ferreiro Oreona

Masculina: José Ángel López Villar

Veterán 4

Masculina: José López Aneiros

O Concello de Valdoviño agradeceu especialmente o apoio de Protección Civil e Policía Local no dispositivo de seguridade activado durante a milla.