Jonathan Fernández e Isabel Grueiro, gañadores da IX Milla Urbana de Valdoviño

Un total de 75 deportistas de todas as idades participaron na proba

Valdoviño, 12 de setembro do 2022. Jonathan Fernández e Isabel Grueiro proclamáronse campións na categoría sénior da IX Milla Urbana do Concello de Valdoviño, celebrada onte na contorna do paseo do areal da Frouxeira. Unha auténtica festa do deporte na que tomaron parte uns 75 atletas de todas as idades, que foron cubrindo as diferentes distancias establecidas en función da categoría, dende os 100 ata os 1.609 metros.

A cita estivo organizada polo Concello co respaldo da Deputación e a colaboración de Protección Civil e Policía Local.

De seguido, os resultados, que poden consultarse tamén na web www.galitiming.com

Benxamín (masculino): Mateo Bermúdez (1); Lucas Fraga (2) e Adrián López (3)

Benxamín (feminino): Laura Fernández (1); Irene Rioseco (2) e Anita Otero (3)

Alevín (masculino):  Samuel Sabín (1)

Alevín (feminino):  Adriana Sedes (1); Iria Caeiro (2) e Itziar Fernández (3)

Infantil: Héctor Bermúdez e Noa Ardao

Cadete: Gael Varela (1) e Diego Tuimil (2)

Xuvenil: Daniel Fernández (1)

Sénior (masculino): Jonathan Fernández (1); Marcos Alonso (2) e Cristian Calvo (3)

Sénior (feminino): Isabel Grueiro (1) e Arantza Rivas (2)

Veteráns 1: Pablo Ruiz (1) e Juan Pablo Pidal (2) 

Veteráns 2: Javier Tuimil (1); Rubén López (2) e Julio Díaz (3) 

Veteráns 3: María Teresa Gómez (1); Silvia Vázquez (2) e Nuria Roca (3)