Jaime Fernández Pardo inaugurará en Valdoviño a súa primeira exposición de fotografía analóxica baixo o título “Alentía”
O acto, aberto á veciñanza, terá lugar o martes ás 19:00 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura
Valdoviño, 26 de maio do 2023. Jaime Fernández Pardo, estudante valdoviñés do Grao de Publicidade e Relacións Públicas, inaugurará no seu concello a súa primeira exposición de fotografía analóxica. Farao o martes 30 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura, baixo o título «Alentía», nun acto aberto á veciñanza. Poderá visitarse ata o xoves 1 de xuño, de 11 a 14 horas, e a mostra regresará de novo do 20 ao 30 de xuño neses mesmos horarios.
As praias de Valdoviño convértense en protagonistas da exposición, que o autor estrutura en 4 bloques: mar, ceo, xentes e contorna. Está integrada por 20 imaxes en formato 30×40, seleccionadas entre máis de 300 realizadas por Jaime nos últimos 3 anos, aínda que predominan as destes últimos meses. A mostra constitúe o seu proxecto de fin de carreira, e de seguro que sairá con nota.
Comentarios