Inscricións abertas nun curso de Guía-Intérprete

A acción, que promove a Deputación da Coruña, conta con financiamento dos Fondos Next Generation EU a través do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal

Valdoviño, 30 de setembro do 2025. Aberta a inscrición no curso de formación de Guía-Intérprete do Xeoparque Cabo Ortegal. Está dirixido a empresas e profesionais do sector turístico, emprendedores, estudantes ou persoas desempregadas con interese en traballar no territorio. De 120 horas a desenvolver entre o 6 de outubro e o 3 de decembro, haberá unha edición en horario de mañá e outra en horario de tarde, combinando sesións online, formación presencial e prácticas de campo.

É de balde, e podedes formalizar a inscrición a través dun formulario online que atoparedes na web municipal e no que tamén poderedes ampliar info: FORMULARIO ONLINE