Inscricións abertas na xornada de bautismos de surf gratuítos que impulsa RSM en Pantín
A iniciativa forma parte do programa municipal de promoción do deporte
Valdoviño, 29 de maio de 2024. Continúan as accións e actividades de promoción do deporte por parte das escolas de surf do municipio no marco do programa municipal que impulsa o Concello de Valdoviño ligado ás autorizacións de uso das praias. Nesta ocasión, RSM abre inscricións nunha xornada de bautismos de surf gratuítos na praia de Pantín. Celebrarase o sábado 22 de xuño, entre as 10:00 e as 12:00 horas, dirixida tanto a nenos e nenas como a persoas adultas -sempre, co requisito de que deben saber nadar-.
As prazas son limitadas, anotándose previamente e adxudicación segundo a orde de inscrición -con preferencia para veciños e veciñas de Valdoviño no caso de que a demanda supere a oferta-. O prazo para solicitar praza remata o 21 de xuño ás 12:00 horas, e debe facerse a través do móbil 638 87 02 55 (deixando unha mensaxe de whatsapp sinalando nome e apelidos ou realizando unha chamada) ou enviando un correo a r.sanmartinmayobre@gmail.com.