Inscrición aberta nunha nova ruta guiada pola Senda das Ondas
As persoas interesadas en tomar parte poden anotarse na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol ou chamando ao 981 48 76 73
Valdoviño, 1 de agosto de 2022. A programación de rutas guiadas polo litoral de Valdoviño que organiza o Concello continuará este sábado ás 10:00 h cun novo percorrido pola Senda das Ondas. Dirixido a persoas de todas as idades, poderán cubrir nunhas 3 horas o tramo entre Marnela-Pantín e o Miradoiro do Paraño, desfrutando das extraordinarias panorámicas que ofrece o itinerario. A participación é gratuíta, con inscrición previa na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol ou no teléfono 981 48 76 73.
A ruta enmárcase no programa «Valdoviño Mar», co apoio económico do GALP A Mariña-Ortegal e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, e estará guiada pola empresa Singular Traveler.
Comentarios