Inscrición aberta nos talleres para persoas enfermas de alzhéimer impulsados polo Concello

As terapias desenvólvense no centro sociocomunitario de Valdoviño e están guiadas por profesionais de Afal Ferrolterra 

A Concellería de Sociais Sociais informa de que mantén aberto o prazo de inscrición nas sesións de terapia para persoas diagnosticadas de alzhéimer e outras demencias. Trátase dunha iniciativa que busca mellorar a atención destes enfermos, e se desenvolve no municipio co apoio de Afal Ferrolterra.

Detallan dende o departamento municipal que estes obradoiros de estimulación cognitiva van destinados a veciños, que se atopan en estadíos iniciais ou moderados da enfermidade; e neles se traballa para que os participantes manteñan as súas capacidades o máximo tempo posible. En paralelo, permiten un pequeno respiro a aquela persoa da familia que asume as tarefas de coidado.

As sesións están guiadas por profesionais de Afal Ferrolterra. Realízanse todos os martes e xoves de 11 a 13 horas no centro sociocomunitario de #Valdoviño (antigo mercado municipal). E teñen un custe de 50 euros ao mes por persoa. Para anotarse, cómpre dirixirse ao departamento de Servizos Sociais (baixo da Casa Consistorial ou no teléfono 981 48 70 41, extensión 5).