Inscrición aberta no taller infantil de figurante para participar na Cabalgata
No mesmo, nenos e nenas elaborarán o disfraz para tomar parte
Valdoviño, 27 de decembro do 2022. O Concello de Valdoviño abre inscricións para participar nun taller dirixido aos nenos e nenas que desexen formar parte como figurantes na Cabalgata de Reis, que se celebrará o 5 de xaneiro pola tarde. O taller, no que se elaborarán os disfraces a utilizar nesa xornada, desenvolverase o martes 3 de xaneiro na casa da cultura, e haberá tres quendas dunha hora e media: de 16 a 17:30 h; das 17:30 ás 19:00 horas, e das 19:00 a 20:30 horas. Está dirixido a nenos e nenas de 3 a 11 anos, con preferencia para empadroados/as e as prazas son limitadas. A inscrición debe realizarse chamando á casa da cultura (981 48 76 66), hoxe martes, mércores 28 e xoves 29 de decembro -ou ata cubrir plazas-, en horario de 10 a 14 h.
Sinalar que os pais e nais que queiran estar no taller por ser moi pequeno-a o fillo poderán axudar, e se queren ir con el/ela na cabalgata, deberán ir co mesmo desfrace -facéndoo pola súa conta-. Ademais, se o neno ou nena é moi pequeno/a para desfilar so/soa, deberá ir obligatoriamente acompañado dun familiar responsable que, como no caso anterior, terá que disfrazarse igual que o/a menor.