Inscrición aberta no Obradoiro “Mulleres na madurez: emocións, corpo e sexualidade”

Inclúese na programación de “Somos e contamos” e celebrarase o mércores 17 na Casa da Cultura, coa médica psiquiatra Iria Veiga Ramos

No marco da programación «Somos e contamos» coa que o Concello de Valdoviño conmemora o Día Internacional da Muller, a Casa da Cultura acollerá a conversa «Mulleres na madurez: emocións, corpo e sexualidade». Será o mércores 17 de marzo ás 17 horas, con Iria Veiga Ramos, médica psiquiatra. 

Está dirixida a mulleres a partir dos 55 anos e é preciso inscribirse previamente no departamento municipal de Servizos Sociais (no teléfono 981 48 70 41 extensión 5 ou enviando un correo electrónico a servizos.sociais@concellodevaldovino.com). 

Para acción optouse por un formato grupal no que se favoreza unha conversa aberta e profunda sobre esta temática, intercambiando información e preguntas entre a doutora e as familias. 

A actividade inclúese no Programa Municipal de Igualdade e Prevención de Violencias Machistas Somos e Contamos, co apoio do Pacto de Estado contra la Violencia de Género.