Inscrición aberta na ruta guiada pola costa de Meirás e o oficio dos percebeiros locais

As persoas interesadas en participar no itinerario, que se celebrará o 15 de xullo, poden anotarse na Oficina de Turismo ou 981 195 274

Valdoviño, 6 de xullo de 2022. O Concello de Valdoviño abre inscricións para participar na segunda das rutas guiadas polo franxa litoral do municipio. Neste caso, e baixo o título Percebeiros de Meirás, permitirá achegarse ás zonas de traballo, técnicas e ferramentas utilizadas para á extracción, á evolución e profesionalización do sector e ás medidas de conservación da especie e do medio para que este oficio tradicional se manteña no tempo. Celebrarase o venres 15 de xullo, a partir das 10:00 horas. Cunha duración estimada de entre 2,5 e 3 horas, trátase dun itinerario de dificultade baixa, apto para nenos/as e maiores -os primeiros, acompañados dunha persoa adulta-.

A inscrición na ruta, gratuíta, debe realizarse na Oficina Municipal de Turismo situada na Porta do Sol ou chamando ao teléfono 981 195 274. As prazas son limitadas. 

O programa de rutas que impulsa o Concello e que guía a empresa Singular Traveler inclúese no proxecto «Valdoviño Mar», co apoio económico do GALP A Mariña-Ortegal e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca.