Inscrición aberta na Conversa online para Ser e Contar “Falamos de sexualidade”

Dirixida ao público en xeral, e ás familias con fillos/as en particular, terá lugar o mércores 30 de marzo ás 17 horas a través da plataforma Zoom

Valdoviño, 18 de marzo de 2022. No marco da programación do Día da Muller, o Concello de Valdoviño celebrará a Conversa para Ser e Contar «Falamos de sexualidade. Conéctate con cabeza». Terá lugar o mércores 30 de marzo, a partir das 17 horas, a través da plataforma Zoom. Impartida por SEDRA (Federación de Planificación Familiar), está dirixida ao público en xeral, e ás familias con fillos e fillas pequenos/as e adolescentes en particular. 

Así, as persoas interesadas en tomar parte na acción poden anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial) ou no teléfono 981 48 70 41. 

Entre os contidos a abordar na conversa está a importancia da educación sexual; o papel das familias nesta; Internet e sexualidade, ou claves xerais.