Información sobre as oportunidades da UE para os mozos e mozas

Está instalado na planta baixa da Casa da Cultura

Valdoviño, 19 de xaneiro de 2022. Mozos e mozas contan dende esta semana cun punto de información no que acceder a diferentes publicacións e materiais sobre bolsas, prácticas e actividades de interese no ámbito da UE. Unha iniciativa promovida por Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación de A Coruña, no marco da campaña “Europa no teu Concello”. A ela se vén de adherir o noso municipio como membro da rede de multiplicadores locais de información europea.

A iniciativa busca crear espazos identificativos nos centros próximos á mocidade nos municipios da provincia da Coruña, e o material recibirase periódicamente co fin de que mozos e mozas participen das oportunidades que ofrece a UE. O punto-expositor está situado na planta baixa da Casa da Cultura, na zona do auditorio.