Inauguración este venres da mostra pictórica “Miradas” de Katy Martín

As persoas interesadas en asistir ao acto deben reservar a súa entrada nos teléfonos 981 48 76 66 e 645 305 229 ou cultura@concellodevaldovino.com

A pintora Katy Martín inaugura este venres ás 20 horas exposición en Valdoviño baixo o título «Miradas». Unha mostra que permanecerá na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura ata o 9 de agosto e con horario de visita de luns a venres de 10 a 14 horas (e con cita previa, tamén venres de 17 a 19 h, e sábados e domingos de 11 a 14 h e de 17 a 19 horas).

Así, as persoas interesadas en asistir á inauguración deben chamar aos teléfonos 981 48 76 66 ou 645 305 229 ou enviar un correo a cultura@concellodevaldovino.com