Inauguración da exposición de fin de curso das Aulas de Artes Plásticas e Cerámica

Poderá visitarse ata o 21 de xuño de luns a venres de 10 a 14 h

Valdoviño, 8 de xuño do 2026. A casa da cultura de Valdoviño acollía o venres á tardiña o acto de inauguración da exposición colectiva dos alumnos e alumnas da Aula Municipal de Artes Plásticas que guía Manuel Carballeira en Loira e máis da Aula Municipal de Cerámica que imparte Martina Beceiro en Vilaboa. Foi un acto do máis concorrido, no que os artistas e as artistas locais sorprenderon, e moito, coas súas creacións.

A mostra poderá visitarse ata o 21 de xuño na sala de exposicións temporais da casa da cultura, de luns a venres de 10:00 a 14:00 h