II Foro dos Vivos en Porto do Cabo

Celebrarase o 1 de decembro con participación aberta á veciñanza

Valdoviño, 22 de novembro do 2024. O II Foro dos Vivos sobre os Camiños de Santo André de Teixido volve a Porto do Cabo, á capela da virxe do Camiño. Será o 1 de decembro de 2024 ás 11:30 horas, con acceso libre e sen inscrición previa.

Neste encontro, o investigador Alfonso Filgueira falará da importancia deste camiño dos galegos e galegas para o desenvolvemento rural do territorio; a asociación ASCM abordará a accesibilidade e a inclusión; a asociación de veciños de Porto de Cabo compartirá a posta en valor que fan dende a comunidade local e que podería ser interesante replicar noutros puntos do camiño. Ademais, neste segundo foro haberá un espazo no que persoas vencelladas aos Camiños de Santo André compartirán a súa visión deste recurso e posibles liñas de traballo construtivo de maneira conxunta, así como os representantes dos concellos poderán aportar a súa perspectiva para un traballo conxunto.

Ao remate, será posible degustar o tradicional do caldo de Porto de Cabo e outros produtos da zona na carpa que se instalará xunto á capela.