Guillermo Carracedo e Iballa Ruano revalidan o título de campións de España de Sup olas na praia da Frouxeira

Hoxe é o turno da competición de longboard no Campionato de España de Surfing que se disputa en Valdoviño

O Campionato de España de Surfing arrancaba onte na praia da Frouxeira coa categoría SUP olas. Unha edición especial pola situación sanitaria que atravesa España. Esta campaña, na que se trata de agrupar as categorías por días para maximizar a seguridade e minimizar riscos, é tamén o vixésimo cumpreaños da Federación Española de Surfing.

 

No plano deportivo, sinalar as magníficas condicións coas que arrancaba onte na praia da Frouxeira o campionato. Coa marea baixa as ondas e o surfing foron os protagonistas na edición 2020 do Campionato.

 

Na categoría masculina a victoria foi para o galego Guillermo Carracedo, que cun surf moi sólido revalidou o título por diante de Óscar Ruiz, Oihan Aizpuru e o mozo Manuel Hoyuela.

 

Na categoría feminina tamén revalidaría o título a canaria Iballa Ruano. Completaron o pódium Alazne Aurrecoechea, Alexia Kiefer e Esperanza Barreras.

 

Os júnior tamén amosaron o seu talento e garanten o futuro do SUP olas. A victoria foi para o andaluz Antonio Morillo por diante de Manuel Hoyuela, Antonio Serrera e Ricardo de Pablos.

 

Hoxe é o turno para a competición de lonboard. A praia da Frouxeira recibirá dende primeira hora da mañá aos mellores longboarders nacionais nas categorías open, feminino e júnior.

 

O enlace para seguir toda a competición e os resultados en directo é o seguinte: http://surfscores.com/ESP/2020/ces001/, ademais, todos os días haberá resumes en directo e o fin de semana, retransmisión en streaming.