Friends&Family oferta unha sesión gratuíta de iniciación ao surfskate no pavillón

O Concello avanza a apertura do prazo de reserva para participar na actividade, que se celebrará o 31 de maio en horario de tarde

Valdoviño, 9 de maio do 2025. O pavillón municipal O Longoiro será escenario dunha clase de iniciación ao surfskate para nenos e nenas a partir de 7 anos e persoas adultas. A actividade celebrarase o vindeiro sábado 31 de maio en horario de 16:30 a 18:30 horas, e estará guiada pola escola de surf Friends&Family.

Esta iniciativa forma parte do programa de promoción do deporte en Valdoviño que impulsan conxuntamente Concello e escolas de surf, e a participación é gratuíta. Iso si, as prazas son limitadas, e a partir de hoxe ábrese o periodo de reserva a través do teléfono 674 501 848. Unha actividade deportiva co patín como protagonista na que aprender movementos similares aos que se realizan coa táboa de surf sobre a onda, poñendo a proba equilibrio e habilidade.