Festival de fin de curso da Escola de Música

A cita celebrarase este venres ás 20:00 horas no auditorio

Valdoviño, 25 de xuño do 2025. Como é tradición, a Escola Municipal de Música do Concello de Valdoviño rematará o curso cun festival onde os seus alumnos e alumnas ofrecerán micro actuacións abertas á cidadanía. A cita celebrarase este venres 27 de xuño no auditorio da casa da cultura, a partir das 20:00 horas, e coa participación do alumnado das clases de piano, percusión, guitarra e canto que, xunto con música e movemento, integran a programación da escola.