Festicultores Troupe cultivará a festa máis vigorosa este domingo no parque de Lago

Reserva de prazas na Casa da Cultura en horario de 10 a 14 horas

A programación cultural de verán do Concello de Valdoviño continuará este domingo 25 de xullo no parque de Lago coa actuación de Festicultores Troupe. Neste escenario, a partir das 20 horas, ofrecerán o seu espectáculo «Máis comedia por favor». Un show no que farán realidade a súa especialidade: cultivar a festa máis vigorosa a base de música, humor e baile. 

As persoas interesadas en asistir á función, incluída na Rede Cultural da Deputación da Coruña, xa poden reservar a súa praza na Casa da Cultura en horario de 10 a 14 horas (ata o venres ou completar aforo).