Festa infantil de Entroido ambientada nos océanos, este sábado no pavillón do Longoiro

Organizada polo Concello de Valdoviño, dará comezo ás 17 horas

Valdoviño, 25 de febreiro de 2022. O Concello de Valdoviño recupera a Festa infantil do Entroido. Como é tradición, celebrarase este sábado a partir das 17 horas no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, e estará ambientada e decorada cunha temática centrada nos océanos. Nela, os máis pequenos e pequenas da casa poderán participar nunha morea de actividades, con especial atención ás medidas de prevención fronte á covid-19. 

Así, haberá inchables, talleres creativos e ambientación musical. O caricaturista volverá a Valdoviño para realizar as súas particulares versións do público e contarase cunha zona baby para os meniños e meniñas de máis curta idade.

A entrada é libre, ata completar aforo, e dada a situación actual, ampliarase o número habitual de monitores e monitoras, realizaranse a correspondentes tarefas de desinfección e estableceranse aforos reducidos para a participación das actividades propostas.