Ferrol Surf School organiza unha xornada gratuíta de surf no marco do programa de promoción do deporte en Valdoviño

A actividade realizarase o 17 de maio, e hoxe ábrense as inscricións

Valdoviño, 2 de maio do 2025. Ferrol Surf School celebrará unha xornada de surf gratuíta para nenos e maiores o vindeiro sábado 17 de maio. Inclúese no programa de promoción do deporte en Valdoviño establecido no marco da autorización de uso das praias por parte das escolas de surf. A participación é de balde, pero con prazas limitadas a 20, e inscrición, a partir de hoxe e ata cubrilas, nos teléfonos 679 54 61 72 e 647 41 92 84 ou correo ferrolsurfyoga@gmail.com.

A xornada está pensada para nenos e nenas a partir de 10 anos e persoas adultas, con ou sen coñecementos previos, xa que as clases adaptaranse aos diferentes niveis. Iso si, é preciso saber nada para participar. Terá como escenario a praia da Cristina, e desenvolverase en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Todo o material preciso será aportado pola escola.